UbuntuGalicianTranslators

Revision 15 as of 2009-11-02 08:41:58

Clear message

Benvidos

Benvidos ao Wiki do equipo de tradutores de Ubuntu ao galego. Smile :-) #language gl #title Tradución ao galego do Ubuntu

Obxectivos

Queremos ter a Ubuntu totalmente en galego. Para iso hai que:

  • Traducir os paquetes e programas propios de Ubuntu (do estilo de about-ubuntu).

  • Colaborar cos distintos equipos de tradución ao galego (de GNOME, KDE, etc) para completar a tradución das aplicacións que se poden atopar nas distribucións GNU/Linux.

Colaborar

Únete ao equipo en https://launchpad.net/people/ubuntu-l10n-gl

Comezar a traducir

A ferramenta de tradución máis simple que podemos utilizar é Launchpad Translations. Aquí as traducións están ordenadas por prioridade, polo que para contribuir hai que:

  • Seguir a lista e coller un dos paquetes que teña cadeas sen traducir (partes en vermello na barra de estado).
  • Preguntar na lista de correo se alguén está traducindo a aplicación. Como existen varios equipos de tradución ao galego, para evitar a duplicidade de traballo, coa conseguinte frustración, é IMPRESCINDIBLE:

Recursos

Paquetes propios de Ubuntu

Ubuntu é unha distribución de GNU/Linux, polo que comparte os mesmos programas que a maioría das outras disitribución. Por iso é máis que recomendable traballar na tradución dos programas poñendose de acordo co seu equipo de desenvolvemento e con trasno.

Ademáis das cadeas xenéricas, Ubuntu modifica os programas con algunha cadea propia. Nestas son nas que nos temos que centrar en Rosetta.


CategoryUbuntuTeams